CURSO: ELABORACIÓN DE VIÑOS E DERIVADOS

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza, entre o 6 e o 17 de novembro de 2023, un curso sobre “ELABORACIÓN DE VIÑOS E DERIVADOS”. Esta actividade desenvolverase nas súas instalacións de Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía, situada en Rúa Leiromeán, 18 (Ribadumia – Pontevedra). No mesmo colabora a Fundación Juana de Vega.

As prazas dispoñibles son 15. Os interesados deberán preinscribirse na actividade a través da páxina web da Consellería do Medio Rural no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/acciones-formativas

A súa inscrición será confirmada a través do enderezo electrónico.