A Axencia Galega da Calidade Alimentaria en coordinación coa Subdirección Xeral de Planificación da Extensión Agraria organizan os días 9 e 10 de outubro, o CURSO PARA A FORMACIÓN DE ASESORES: A DIXITALIZACIÓN NA VITICULTURA, dentro do módulo de agrotecnoloxía na viticultura.
Dito curso celebrarase na Estación de Experimental de Viticultura de Ribadumia (Pontevedra), centro dependente da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega).
Xúntase como anexo o programa previsto onde se pode consultar os días, os temas e así como o lugar de celebración.
Todo o persoal técnico que desexe inscribirse, deberá facelo a través do seguinte formulario: