CURSO: A PODA DA VIDEIRA. FUNDAMENTOS TEÓRICOS E PRÁCTICA DA PODA.

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza, entre o 23 e o 27 de outubro de 2023 un curso sobre "A PODA DA VIDEIRA. FUNDAMENTOS TEÓRICOS E PRÁCTICA DA PODA". Esta actividade desenvolverase, en quenda de tarde, nas súas instalacións  da  Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, situada en Leiromean, 18 (Ribadumia – Pontevedra). No mesmo colabora a Fundación Juana de Vega.

As prazas dispoñibles son 15. Os interesados deberán preinscribirse na actividade, antes do día 18 de outubro, a través da páxina web da Consellería do Medio Rural no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/acciones-formativas

A súa inscrición será confirmada a través do enderezo electrónico.