Curso Técnicas de cultivo

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia. Ponte San Clodio (Leiro – Ourense) celebra, en colaboración co Instituto galega da Calidade (INGACAL) , un curso sobre Técnicas de cultivo.

Esta actividade formativa está inserida no módulo de vitivinicultura dentro do Programa de Aptitude Empresarial Agraria. Os seus obxectivos son:

Formar aos viticultores e adegueiros, sobre os temas máis importantes relacionados coa viticultura, abordando cuestións e aspectos que posteriormente poidan poñer en práctica nas súas explotacións.

O curso vai dirixido a titulares, cotitulares e familiares que traballen en explotacións agrarias (preferentemente vitícolas); traballadores por conta allea que traballen en explotacións agrarias (preferentemente vitícolas); socios ou empregados de asociacións con personalidade xurídica do ámbito agrario (preferentemente vitivinícola); mozos e mozas que desexen incorporarse o sector agrario ou continuar coa súa formación no sector agrario e en xeral persoas interesadas en actividades relacionadas coa viticultura.

O número de prazas é de 30 e a data de inscrición remata o día 22 de setembro de 2017