I Encontro enolóxico galego

O vindeiro día 2 de setembro a Asociación Galega de Enólogos (AGE) organiza unhas xornadas técnicas co título I Encontro enolóxico galego. Este evento, no que colaboran entre outros a Estación de Vitcultura e Enoloxía de Galicia (Evega) e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL), celebrarase nas instalacións de Casal de Armán (O Cotino – San Andrés – Ribadavia) a partir das 9:00.