A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) xunto coa Deputación Provincial de Ourense organizan, entre os días 5 e 7 de xuño de 2018, a II SEMANA VITIVINÍCOLA DE GALICIA na cidade de Ourense. Trátase dun gran evento vitivinícola que combinará actividades técnicas (que requiren inscrición previa) con outras de carácter divulgativo e, polo tanto, de interese para o público en xeral (con entrada libre).
No mesmo colaboran a Consellería do Medio Rural, o Concello de Ourense, o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL); a Fundación Juana de Vega e o Liceo de Ourense.
Para máis información xúntase o programa xeral do evento:
As actividades que precisan unha inscrición previa para poder asistir son as que de describen de seguido.
Todas as actividades son de balde. A inscrición formalizarase a través da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) cubrindo a folla correspondente á actividade que se desexa e remitíndoa ben vía correo electrónico (evega.medio-rural [at] xunta.gal (evega[dot]medio-rural[at]xunta[dot]gal)) ben por fax (988788099)
XORNADA TÉCNICA: OS RETOS DA VITICULTURA ANTE O CAMBIO CLIMÁTICO
Data: 5 de xuño de 2018
Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, en xornada de mañá.
Horario: de 9:00 a 14:00
Obxectivos: Achegarnos un pouco máis á realidade do cambio climático, a súa influencia na vitivinicultura e as posibles respostas adaptativas deste sector
As prazas dispoñibles son 100. O prazo de inscrición rematará o día 31 de maio agás que se esgoten antes as prazas. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:
>> Díptico da XORNADA
>> Folla de inscrición para a XORNADA
TALLER DE DEFECTOS NO VIÑO BRANCO
Data: 5 de xuño de 2018
Lugar: Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal, nº 5 – Ourense)
Horario: de 16:00 a 19:30
Obxectivos: Coñecer polo miúdo os novos procesos de detección e corrección nos defectos do viño branco.
As prazas dispoñibles son 40. PRAZAS ESGOTADAS. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:
>> Díptico do TALLER DE DEFECTOS NO VIÑO BRANCO
>> Folla de inscrición para TALLER DE DEFECTOS NO VIÑO BRANCO
TALLER DE USO DAS TIC NAS EMPRESAS VITIVINÍCOLAS. A OPTIMIZACIÓN WEB
Data: 7 de xuño de 2018
Lugar: Centro tecnolóxico La Molinera (Rúa do Abrevadeiro, nº 1 – Ourense)
Horario: de 9:00 a 14:00
Obxectivos: Coñecer polo miúdo as fortalezas e feblezas dunha páxina web así como as ferramentas para mellorala como é a
Optimización Web.
As prazas dispoñibles son 25. O prazo de inscrición rematará o día 31 de maio agás que se esgoten antes as prazas. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:
>> Díptico do TALLER USO DAS TIC
>> Folla de inscrición para TALLER USO DAS TIC
TALLER DE DEFECTOS NO VIÑO TINTO
Data: 7 de xuño de 2018
Lugar: Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal, nº 5 – Ourense)
Horario: de 16:00 a 19:30
Obxectivos: Coñecer polo miúdo os novos procesos de detección e corrección nos defectos do viño tinto.
As prazas dispoñibles son 40. PRAZAS ESGOTADAS. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude: