A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través do seu centro a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, xunto co “Instituto de las Ciencias de la Vid y el Vino”, participa no proxecto GREENVITISV, liderado pola Empresa I-Grape Laboratory S.L. Este proxecto enmarcase na Convocatoria 2021 de Proxectos de Colaboración Público-Privada, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023, para Impulsar a Investigación Científico-Técnica e a súa Transferencia no Marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Co obxectivo de contribuír a economía circular e a sustentabilidade do sector agrícola, o proxecto GREENVITISV propón o desenvolvemento de produtos derivados do bagazo da uva: 1) Produtos formulados para ser utilizados fronte a enfermidades dos viñedos, en lugar de funxicidas sintéticos; 2) Produtos antioxidantes e conservantes para emprego na adega como substitutos do dióxido de xofre, aditivo comunmente empregado na industria vitivinícola.
Unha duración de 3 anos (2022-2025) conta cun presuposto total de 395.266,41€, dos cales 95.300,00 € corresponden a Axencia Galega de Calidade Alimentaria.
O proxecto está co-financiado polo MCIN/AEI/10.13039/501100011033 e pola Unión Europea-NextGenerationEU/PRTR.