SEMINARIO TÉCNICO VINIoT: “Metodoloxías en intelixencia artificial: aplicacións no viñedo”

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza o vindeiro 10 de marzo un seminario técnico demostrativo sobre “METODOLOXÍAS EN INTELIXENCIA ARTIFICIAL : APLICACIÓNS NO VIÑEDO”.

Esta actividade desenvolverase no Pazo de Toubes (Outeiro, 2 – Cenlle - 32454 Ourense) en xornada de mañá (9:00 a 14:00h). 

As prazas dispoñibles son 70. Os interesados deberán preinscribirse na actividade a través da páxina web da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia https://evega.xunta.gal/ e remitirase o formulario cuberto ao correo electrónico viniot.agacal [at] xunta.gal. A súa inscrición será confirmada a través do enderezo electrónico.