PRAZAS ESGOTADAS
Dentro do marco da II Semana Vitivinícola de Galicia, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia organiza o vindeiro 5 de xuño, un taller práctico sobre “DEFECTOS DO VIÑO BRANCO. DETECCIÓN E CORRECCIÓN”.
Esta actividade desenvolverase no Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal nº5 – Ourense), en xornada de tarde. No mesmo colaboran a Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Ourense, a Fundación Juana de Vega, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e a Asociación Galega de Enólogos (AGE).
As prazas dispoñibles son 40. PRAZAS ESGOTADAS. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude: