TALLER PRÁCTICO: DESCRITORES POSITIVOS NOS VIÑOS. NOVOS PROCESOS DE RECOÑECEMENTO DE ATRIBUTOS

PRAZAS ESGOTADAS

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia organiza o vindeiro 25 de outubro, un taller práctico sobre “DESCRITORES POSITIVOS NOS VIÑOS. NOVOS PROCESOS DE RECOÑECEMENTO DE ATRIBUTOS

Esta actividade desenvolverase no Centro Sociocultural de Laias (Casa do pobo), situado en A Lama nº1. Laias – Cenlle (Ourense), en xornada de tarde. No mesmo colaboran o Concello de Cenlle, a Fundación Juana de Vega, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.

As prazas dispoñibles son 40. O prazo de inscrición rematará o día 23 de outubro agás que se esgoten antes as prazas. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude: