TALLER PRÁCTICO: ENXERTA NA VIDE

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza o vindeiro 7 de xullo un taller práctico sobre “ENXERTA NA VIDE”. Esta actividade desenvolverase nas súas instalacións de Ponte San Clodio s/n (Leiro - Ourense), durante todo o día. No mesmo colabora a Fundación Juana de Vega.

As prazas dispoñibles son 20. Os interesados deberán preinscribirse na actividade a través da páxina web da Consellería do Medio Rural no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/acciones-formativas

A súa inscrición será confirmada a través do enderezo electrónico.