XORNADA: ITINERARIOS INNOVADORES EN CRIANZAS OXIDATIVAS DE VIÑOS GALEGOS

O vindeiro 11 de novembro a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), centro dependente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza a xornada ITINERARIOS INNOVADORES EN CRIANZAS OXIDATIVAS DE VIÑOS GALEGOS

A devandita  xornada celebrarase no  Salón de Congresos e Exposicións José Peña Dirección: R. O Borrón, 14, 36630 Cambados, Pontevedra (https://maps.app.goo.gl/yEweqvbjsPeEqjTb8)

O prazo de inscrición remata o 7 de novembro e o número de prazas son 80. Os interesados deberán preinscribirse na actividade a través da páxina web da Consellería do Medio Rural no seguinte enlace: https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas

A súa inscrición será confirmada a través do enderezo electrónico.

Descargar díptico