XORNADAS TÉCNICAS: A MECANIZACIÓN SOSTIBLE DO VIÑEDO

PRAZAS ESGOTADAS

O vindeiro 31 de outubro, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), organiza as sextas xornadas técnicas correspondentes ao ano 2018.

O evento leva por título A mecanización sostible do viñedo e desenvolverase no Parador Castelo de Monterrei (Castelo s/n – Monterrei – Ourense)en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Concello de Monterrei, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, a Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL).

O prazo de inscrición rematará o día 29 de outubro.