XORNADAS TÉCNICAS – Novas perspectivas no control do Oídio e o Black Rot no viñedo

PRAZAS ESGOTADAS

O vindeiro 18 de abril, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), organiza as segundas xornadas técnicas correspondentes ao ano 2018.

O evento leva por título “Novas perspectivas no control do oídio e o black rot no viñedo” e desenvolverase no Hotel Balneario Arnoia Caldaria (Arnoia – Ourense), en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Concello de Arnoia, a Fundación Juana de Vega, o CRDO Ribeiro e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL).

O prazo de inscrición rematará o día 16 de abril. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude: