O vindeiro 17 de xuño a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL), organiza unhas xornadas técnicas co título Retos e oportunidades para o mundo do viño. Pegada dactilar, variedades minoritarias e proxectos europeos. Este evento desenvolverase no salón de actos do Centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense (Rúa do Progreso nº 30).
Durante a mesma presentaremos catro proxectos fundamentais para o futuro do sector vitivinícola a curto e medio prazo: a determinación da pegada dixital dos viños mediante Resonancia Magnética Nuclear que asegura unha mellor trazabilidade dos mesmos; a presentación dunha Guía de Variedades Minoritarias elaborada polo GETEVE e coordinada pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia. Asemade presentaranse os proxectos europeos Winetwork e Vitis Europa nos que a Evega participa a través do INGACAL.
O evento rematará cunha cata/degustación de viños de variedades minoritarias.