Xornadas Técnicas – Os escumosos galegos. Tendencias e innovacións

O vindeiro 15 de maio, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), organiza as terceiras xornadas técnicas correspondentes ao ano 2017.

O evento leva por título “Os escumosos galegos. Tendencias e innovacións” e desenvolverase no salón de actos do edificio Multiusos de Arbo (Pontevedra) en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Concello de Arbo e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL).

O prazo de inscrición rematará o día 12 de maio.