Relatorios das xornadas técnicas “Acreditación dun panel de cata de viños”

Celebradas o 7 de xullo de 2015 no Salón de actos do Edificio Multiusos de O Barco de Valdeorras (Ourense) pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia en colaboración co CRDO Valdeorras, o Concello de O Barco e o Instituto Galego da Calidade (INGACAL).

Están ao seu dispor para descargar os relatorios de Antonio Tomás Palacios García, doutor en Microbiloxía e profesor asociado da Universidade da Rioxa, que desenvolveu un relatorio no que fixo unha análise polo miúdo dos requisitos para formar parte dun panel de cata de viños acreditado. E o de Rosa San Juán Martínez, técnica do departamento de análise sensorial da empresa Consumolab, que falou das distintas dificultades de acreditación dos paneis de cata de viños segundo a norma UNE-EN-ISO/IEC 17025.

>> Ir a sección Relatorios