Xornadas

Congreso INVESTIGACIÓN EN VITICULTURA E ENOLOXÍA EN GALICIA. A Transferencia tecnolóxica
Data: 23 de xuño de 2015
Lugar: Ourense
Entidades colaboradores: Deputación de Ourense e INGACAL
Obxectivos: Coñecer a situación actual da investigación en viticultura e enoloxía en Galicia, establecer os piares de posible sinerxías entre os grupos de investigación galegos para o futuro e desenvolver unha diagnose das necesidades de I+D+i no sector vitivinícola en Galicia.
XORNADA ACREDITACIÓN DUN PANEL DE CATA. A norma UNE-EN-ISO/IEC 17025
Data: 7 de xullo de 2015
Lugar: O Barco de Valdeorras – Ourense
Entidades colaboradores: C.R.D.O. Valdeorras, Concello de Barco de Valdeorras e INGACAL
Obxectivos: A harmonización de criterios, obxectivos da avaliación, especificidade e a norma UNE-EN-ISO/IEC 17025.
NA PROCURA DO EQUILIBRIO ENTRE SOLO, CLIMA E PLANTA. VITICULTURA DE PRECISIÓN.
Data: 15 de outubro de 2015
Lugar: Monforte de Lemos – Lugo
Entidades colaboradores: C.R.D.O. Ribeira Sacra e INGACAL
Obxectivos: Dar a coñecer as ferramentas e técnicas amparadas baixo a denominación Viticultura de precisión que os viticultores e técnicos teñen ao seu dispor para acadar os resultados máis axeitados nos seus cultivos.
Xornada: Tendencias actuais en viticultura. Viabilidade do cultivo ecolóxico en Galicia
Data: 28 de outubro de 2015
Lugar: Casa da Cultura | Albarellos – Monterrei, Rúa do Progreso 112
Entidades colaboradores: C.R.D.O. Monterrei e INGACAL
Obxectivos: Revisar as distintas tendencias en viticultura e a súa viabilidade en Galicia e expoñer os resultados do proxecto “Potenciación da viticultura ecolóxica en Galicia” sobre produción, biodiversidade e características químicas e sensoriais de mostos e viños procedentes da produción ecolóxica e convencional.
ACTUALIDADE ENOLÓXICA
Data: 10 de decembro de 2015
Lugar: Casal de Armán | O Cotiño – San Andrés
Entidades colaboradores: Evega e INGACAL
Obxectivos: Coñecer polo miúdo o réxime fiscal do viño e os seus derivados para poder levar axeitadamente o pago das taxas e libros da adega. Así como coñecer os aromas máis carcterísticos do viño e a súa influencia na cata cara a poder definit os limiares de percepción.