Agudelo

Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

FENOLOXÍA

Xema de inverno

Xema inchada

histórico

Punta verde

histórico

Saída de follas

histórico

Follas extendidas

histórico

Acios visibles

histórico

Acios Separados

histórico

Botóns florais

histórico

Floración

histórico

Callado

histórico

Uvas tamaño guisante

histórico

Peche do acio

histórico

Envero

histórico

Maduración

histórico

Antecedentes

Variedade cultivada dende a antigüidade na zona de Betanzos.

Situación Actual

O seu cultivo redúcese actualmente á zona de Betanzos. Estudos recentes indican a súa sinonimia con Chenin Blanc.

Valoracións sobre o seu cultivo

Estudos realizados en EVEGA na campaña do 2005 mostran a obtención de viños equilibrados, e considérana como unha variedade que en condicións axeitadas pode ser utilizada paraa elaboración de viños monovarietais ou en mestura con outras variedades.

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade baixa e pigmentación reberetada de intensidade moi débil. A cara dorsal dos entrenós e nós é verde. As xemas non presentan pigmentación antociánica.

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño pequeno e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade baixa de pelos tombados entre os nervios principais do envés do limbo; perfil plano; limbo con avultamento débil; dentes con lados convexos e rectilíneos, de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar semiaberto e coa base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en forma de chave; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

O acio é cilíndrico, de lonxitude, anchura e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.

O bago de cor verde amarela presenta forma elíptica curta.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
130 150
224 228
237 255
151 165
187 193
245 249
169 177
98 150
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
130 150
224 228
237 255
151 165
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
187 193
245 249
169 177
98 150