Brancellao Branco

Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

FENOLOXÍA

Xema de inverno

Xema inchada

histórico

Punta verde

histórico

Saída de follas

histórico

Follas extendidas

histórico

Acios visibles

histórico

Acios Separados

histórico

Botóns florais

histórico

Floración

histórico

Callado

histórico

Uvas tamaño guisante

histórico

Peche do acio

histórico

Envero

histórico

Maduración

histórico

Situación Actual

A súa existencia é puntual en parcelas plurivarietais. Descoñécese a súa orixe pero, polas súas características morfolóxicas e moleculares, posiblementese trate dunha variante de cultivar tinto brancellao.

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade aberta,moi peluda e con pigmentación antociánica reberetada de intensidade débil. A cara dorsal e ventral dos entrenós é verde, mentres que a dos nós é verde e vermella. As xemas presentan pigmentación antociánica na base de intensidade media.

A folla adulta de cor verde escura presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con alta densidade de pelos tombados entre os nervios principais e media sobre estes, e con nula ou moi baixa densidade de pelos ergueitos entre e sobre os nervios principais; perfil alabeado; limbo con avultamento medio e inchazón forte da face; dentes con ambos os dous lados convexos e de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar en V, con lóbulos lixeiramente superpostos; seos laterais superiores con lóbulos lixeiramente superpostos, coa base en forma de U, e con presenza ocasional de dentes; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

O acio é cónico, de lonxitude e anchura media,compacidade solta e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude media.

O bago de cor rosa presenta forma elíptica curta e tamaño medio.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
130 142
224 236
237 247
161 171
187 193
249 255
169 169
85 117
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
130 142
224 236
237 247
161 171
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
187 193
249 255
169 169
85 117