Merenzao

Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

FENOLOXÍA

Xema de inverno

histórico

Xema inchada

histórico

Punta verde

histórico

Saída de follas

Follas extendidas

histórico

Acios visibles

histórico

Acios Separados

histórico

Botóns florais

histórico

Floración

histórico

Callado

histórico

Uvas tamaño guisante

histórico

Peche do acio

histórico

Envero

histórico

Maduración

histórico

Sinonimias

Bastardo, Carnaz, Roibal, Pecho e María Ordoña, Trousseau (Francia).

Antecedentes

García de los Salmones (1914) cítaa como cultivada na provincia de Ourense coas denominacións Merenzao, María Ordoña ou Bastardo (na localidade de Viana do Bolo), na provinciade Lugo na zona de Monforte coa denominación Carnaz e coa denominación de Roibal, na provincia da Coruña na localidade de Paderne (Betanzos). Este cultivar é a orixe da principal liñaxe do leste de Galicia, que deu lugar ao cultivar Mencía (Díaz-Losada et al., 2010).

Situación Actual

É recoñecida como variedade preferente nas DD.OO. Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei. Tamén é contemplada para a elaboración de viños na indicación xeográfica Viño da Terra de Betanzos. A superficie de cultivo é escasa.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de agromada é maduración temperás; produción baixa se a comparamos coa Mencía. É moi sensible á botrite e moderadamente ao oídio e ao mildeu. Produce viños de elevada graduación (superior 13,5%v/v), baixa acidez (inferior 5,1 g/L) e pH alto (superior 3,7) se se compara con outros cultivares da rexión. De baixa composición fenólica (IPT 25-30). Con alta intensidade aromática, con aromas a froita madura, uva pasa. Alta calidade en boca, viños estruturados, persistentes, con taninos pouco adstrinxentes, suaves. Case sempre se utiliza para mesturar con outras variedades en viños do ano, aínda que actualmente tamén se elaboran viños monovarietais do ano ou con curtas crianzas en madeira.

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media, con pigmentación antociánica de intensidade media. A cara dorsal dos entrenós e nós é verde e vermella, mentres que a ventral é verde. As xemas presentan pigmentación antociánica na base de intensidade media.

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados entre os nervios principais; perfil alabeado; limbo con avultamento e inchazón débil; dentes con lados convexos, de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos medio superpostos e coa base en forma de chave ou V; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

O acio é cilíndrico, de lonxitude media e compacto. O pedúnculo é de lonxitude curta.

O bago de cor vermella violeta escura presenta forma elíptica curta.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
140 150
234 234
237 255
151 165
187 187
243 245
169 169
98 150
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
140 150
234 234
237 255
151 165
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
187 187
243 245
169 169
98 150