Corbillón

Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

FENOLOXÍA

Xema de inverno

histórico

Xema inchada

histórico

Punta verde

histórico

Saída de follas

histórico

Follas extendidas

histórico

Acios visibles

histórico

Acios Separados

histórico

Botóns florais

histórico

Floración

histórico

Callado

histórico

Uvas tamaño guisante

histórico

Peche do acio

histórico

Envero

histórico

Maduración

histórico

Sinonimias

Cascón

Antecedentes

Non se encontraron referencias bibliográficas deste xenotipo, aínda que exemplares centenarios son nomeados polos viticultores na rexión do Ulla.

Situación Actual

Non está contemplada no Rexistro de variedades comerciais nin nos regulamentos das denominacións de orixe para a elaboración de viños. Localizáronse exemplares na subzona de Ribeiras do Ulla na DO Rías Baixas, máis concretamente na localidade de Vedra.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de brotación e maduración tardía, produce viños con graduación media de 12% e acidez de 5,7g/L.

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media e pigmentación reberetada de intensidade débil. A cara dorsal do entrenó, así como a cara ventral e dorsal do nó, é verde e vermella, mentres que a ventral do entrenó é verde. As xemas presentan pigmentación antociánica na base de intensidade débil.

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados entre os nervios principais e baixa de pelos tombados e ergueitos sobre os nervios principais do envés do limbo; perfil plano; limbo con avultamento e inchazón de intensidade débil; dentes con mestura de lados rectilíneos e convexos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos pouco abertos e coa base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en forma de chave. O pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

O acio é cónico, de lonxitude, anchura e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude media.

O bago de cor azul negra presenta forma elíptica curta.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
140 150
222 234
245 261
159 169
185 193
245 249
169 177
85 121
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
140 150
222 234
245 261
159 169
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
185 193
245 249
169 177
85 121