Branca de Monterrei

Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

FENOLOXÍA

Xema de inverno

Xema inchada

histórico

Punta verde

histórico

Saída de follas

histórico

Follas extendidas

histórico

Acios visibles

histórico

Acios Separados

histórico

Botóns florais

histórico

Floración

histórico

Callado

histórico

Uvas tamaño guisante

histórico

Peche do acio

histórico

Envero

histórico

Maduración

histórico

Antecedentes

A existencia de cultivares centenarios na comarca de Monterrei fai pensar nunha orixe autóctona para esta variedade.

Situación Actual

É recoñecida como variedade autorizada na DO Monterrei.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade moi produtiva, de brotación e maduración tardía. No terreo experimental da EVEGA produce viños con valores de grao alcohólico de 11,5-12% e acidez de 6,7-6,3 g/L.

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media. A cara dorsal e ventral dos entrenós e nós é verde. As xemas non presentan pigmentación antociánica.

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade baixa de pelos tombados e nula ou moi baixa de pelos ergueitos entre os nervios principais do envés do limbo; perfil alabeado; limbo con avultamento e inchazón débil; dentes de lados rectilíneos, de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos lixeiramente superpostos e coa base en forma de chave; seos laterais superiores con lóbulos lixeiramente superpostos coa base en forma de chave; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

O acio é cónico, compacto, de lonxitude, anchura media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude media.

O bago de cor verde amarela presenta forma elíptica curta.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
134 150
232 232
241 255
157 165
187 193
243 245
169 169
150 150
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
134 150
232 232
241 255
157 165
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
187 193
243 245
169 169
150 150