Sinonimias
Moscatel de Gran Gordo
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade baixa e sen pigmentación. A cara dorsal e ventral dos entrenós e nós é verde. As xemas non presentan pigmentación antociánica.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; glabra; perfil plano; limbo con avultamento e inchazón débil; dentes con lados rectilíneos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos lixeiramente superpostos e coa base en forma de V ou de chave; seos laterais superiores abertos ou con lóbulos lixeiramente superpostos coa base en forma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.
O acio é en forma de embude, longo, moi ancho, de compacidade moi solta e con presenza de 1 ou2 ás. O pedúnculo é de lonxitude media.
O bago de cor verde amarela presenta forma elíptica longa