Tempranillo

Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

FENOLOXÍA

Xema de inverno

Xema inchada

histórico

Punta verde

histórico

Saída de follas

histórico

Follas extendidas

histórico

Acios visibles

histórico

Acios Separados

histórico

Botóns florais

histórico

Floración

histórico

Callado

histórico

Uvas tamaño guisante

histórico

Peche do acio

histórico

Envero

histórico

Maduración

histórico

Sinonimias

Arauxa

Antecedentes

García de los Salmones (1914) cítaa baixo a denominación de Arauxa na localidade de Monterrei (Ourense). No Catastro Vitícola de 1983 aparececomo cultivada na DO Valdeorras.

Situación Actual

É recoñecida como variedade preferente nas DD.OO. Ribeira Sacra e Valdeorras, e como autorizadanas DD.OO. Ribeiro e Monterrei.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de brotación e maduración temperá, presenta sensibilidade alta ao mildeu e ao oídio e baixa á botrite. Produce viños con graduacións que poden variar entre 12 e 15,9% e con valores de acidez entre 5,9 e 5,5 g/L.

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade abertacon peluxe tombada de densidade media. A cara dorsal e ventral dos entrenós e nós é verde. As xemas non presentan pigmentación antociánica.

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio a grande e forma pentagonal, con sete lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados entre os nervios principais e baixa sobre os nervios principais do envés do limbo; perfil alabeado; limbo con avultamento débil e inchazón media; dentes con lados rectilíneos, de lonxitude longa en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos medio superpostos e coa base en formade chave; seos laterais con lóbulos lixeiramente superpostos coa base en forma de U; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

O acio é cónico, de lonxitude e anchura media agrande, de compacidade solta e con presenza de 1ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.

O bago de cor azul negra presenta forma esférica.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
140 142
232 232
237 251
159 159
195 199
245 249
169 173
91 94
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
140 142
232 232
237 251
159 159
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
195 199
245 249
169 173
91 94