Mouratón

Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

FENOLOXÍA

Xema de inverno

histórico

Xema inchada

histórico

Punta verde

histórico

Saída de follas

histórico

Follas extendidas

histórico

Acios visibles

histórico

Acios Separados

histórico

Botóns florais

histórico

Floración

histórico

Callado

histórico

Uvas tamaño guisante

histórico

Peche do acio

histórico

Envero

histórico

Maduración

histórico

Sinonimias

Negreda e Mencía Gorda

Antecedentes

García de los Salmones (1914) cítaa baixo a denominación de Mouratón, como cultivadana provincia de Lugo e Ourense; e baixo a denominación de Negreda nas localidades de Monforte (Lugo), A Teixeira (Ourense) e Caldasde Reis (Pontevedra). O Catastro Vitícola de 1983 indica que o seu cultivo na provincia de Lugo, na provincia de Ourense. Esta variedade deriva xeneticamente da liñaxe orixinada en Merenzao (Díaz-Losada et al., 2010).

Situación Actual

É recoñecida como variedade autorizada nas DD.OO Ribeira Sacra e Valdeorras.

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media e pigmentación reberetada de intensidade débil. A cara dorsal e ventral dos entrenós e nós é verde. As xemas non presentan pigmentación antociánica.

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade baixa de pelos tombados entre e sobre os nervios principais do envés do limbo; perfil alabeado; limbo con avultamento e inchazón débil; dentes con mestura de lados convexose rectilíneos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos lixeiramente superpostos e a base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en formade chave; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

O acio é cónico, de tamaño e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.

O bago de cor azul negra presenta forma esférica a elíptica curta.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
134 150
230 234
247 255
157 165
187 203
245 249
169 169
150 150
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
134 150
230 234
247 255
157 165
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
187 203
245 249
169 169
150 150