Torrontés 1

Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

FENOLOXÍA

Xema de inverno

histórico

Xema inchada

histórico

Punta verde

histórico

Saída de follas

histórico

Follas extendidas

histórico

Acios visibles

histórico

Acios Separados

histórico

Botóns florais

histórico

Floración

histórico

Callado

histórico

Uvas tamaño guisante

histórico

Peche do acio

histórico

Envero

histórico

Maduración

histórico

Antecedentes

García de los Salmones (1914) cítaa como cultivada na localidade de Castrelo de Miño (Ribadavia-Ourense). No Catastro Vitícola de 1983 cítase como cultivada na DO Ribeiro e na provincia da Coruña.

Situación Actual

É recoñecida como variedade preferente nas DD.OO. Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, e como autorizadanas na DO Rías Baixas. Tamén é contemplada para a elaboración de viños nas indicacións xeográficas Viño da Terra Barbanza e Iria e Val do Miño.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de brotación e maduración media, presenta sensibilidade moderada ao mildeu e ao oídio e é moi sensible á botrite. Obtivéronse viños con graduacións entre 12,3-9,7% e acidez de6,8 a 4,1 g/L.

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade baixa, sen pigmentación antociánica ou con presenza de pigmentación reberetada de intensidade moi débil. A cara dorsal e ventral dos entrenós e nós é verde. As xemas non presentan pigmentación antociánica.

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con sete lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados entre os nervios principais e baixa sobre os nervios principais do envés do limbo; perfil plano; limbo con avultamento e inchazón débil; dentes con lados rectilíneos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar e seos laterais superiores con lóbulos lixeiramente superpostos e coa base en forma de chave; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

O acio é cónico, longo, de anchura media, compacidade solta e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.

O bago de cor verde amarela presenta forma elíptica curta.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
140 142
222 236
237 255
155 171
187 187
245 249
169 169
94 150
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
140 142
222 236
237 255
155 171
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
187 187
245 249
169 169
94 150