Treixadura

Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

FENOLOXÍA

Xema de inverno

histórico

Xema inchada

histórico

Punta verde

histórico

Saída de follas

histórico

Follas extendidas

histórico

Acios visibles

histórico

Acios Separados

histórico

Botóns florais

histórico

Floración

histórico

Callado

histórico

Uvas tamaño guisante

histórico

Peche do acio

histórico

Envero

histórico

Maduración

histórico

Antecedentes

García de los Salmones (1914) cítaa como presentena provincia de Pontevedra, na localidadede Boiro, na provincia da Coruña e en Bande (naprovincia de Ourense). No Catastro Vitícola de1983 indícase a súa presenza en Ourense, ondeocupaba o 0,09% da superficie de viñedo, fundamentalmentena DO Ribeiro, e na Coruña co0,02%.

Situación Actual

É recoñecida como variedade preferente nascinco denominacións de orixe galegas. Tamén é contemplada para a elaboración de viños nas indicacións xeográficas Viño da Terra Barbanzae Iria e Val do Miño. Encóntranse rexistradas 15,28 ha na Coruña, 5,33 ha en Lugo, 600,61 ha en Ourense e 232,39 ha en Pontevedra, correspondendo a maioría da superficie á subzona do Condado do Tea.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de agromada e maduración tardías; produción e vigor alto comparada có Albariño; moderadamente sensible ao oídio, ao mildeu e á botrite. Produce viños equilibrados cuxa graduación varía dependendo da zona de cultivo entre 11 a 13,5%v/v, a acidez entre 5 a 7,5 g/L e o pH entre 3 a 3,4. Os viños posúen intensidade aromática media-alta, con aromas a froitas de pebida, mazá, pera, e pexego; son estruturados e persistentes con certo amargor final característico da variedade.

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade abertac on peluxe tombada de densidade media sen pigmentación. A cara dorsal e ventral do entrenóe ventral do nó é verde, mentres a dorsal do nó é verde e vermella. As xemas non presentan pigmentación antociánica.

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; con densidade baixa de pelos tombados sobre os nervios principais do envés do limbo; perfilplano; limbo con avultamento e inchazón débil;dentes con mestura de lados rectilíneos e lados convexos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar pouco aberto coa base enforma de chave; seos laterais superiores con lóbulos abertos coa base en forma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

O acio é cónico, de lonxitude, anchura e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás.O pedúnculo é de lonxitude curta.

O bago de cor verde amarela presenta forma elíptica curta.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
140 150
222 232
237 249
157 161
185 185
245 245
169 169
94 100
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
140 150
222 232
237 249
157 161
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
185 185
245 245
169 169
94 100