Verdello

Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

FENOLOXÍA

Xema de inverno

histórico

Xema inchada

histórico

Punta verde

histórico

Saída de follas

histórico

Follas extendidas

histórico

Acios visibles

histórico

Acios Separados

histórico

Botóns florais

histórico

Floración

histórico

Callado

histórico

Uvas tamaño guisante

histórico

Peche do acio

histórico

Envero

histórico

Maduración

histórico

Antecedentes

García de los Salmones (1914) cítaa como cultivada nas catro provincias galegas, concretamente en Lugo, coa denominación Verdello Rubio. A súa orixe xenética é a liñaxe de Caíño Bravo (Díaz-Losada et al., 2010).

Situación Actual

Non está contemplada no Rexistro de variedades comerciais, nin no regulamento das DD.OO. para a elaboración de viños. Localizáronse cepas centenarias formando parte de parcelas plurivarietais na DO Ribeiro e en zonas limítrofes aesta.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de brotación e maduración tardía. Forma parte de viños plurivarietais e produce viños con valores medios de graduación alcohólicade 12,8% e acidez de 7,6 g/L.

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade baixa e pigmentación reberetada de intensidade forte. A cara dorsal do entrenó e do nó é de cor verde e vermella. As xemas presentan pigmentación antociánica que afecta case toda a bráctea e de intensidade forte.

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade baixa de pelos tombados entre os nervios principais do envés do limbo; perfil plano; limbo con avultamento e inchazón débil; dentes de lados rectilíneos, de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos semiabertos e coa base en forma de U delimitada pola nervadura nun lado; seos laterais superiores con lóbulos lixeiramente superpostos e coa base en forma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

O acio é cónico, curto, de anchura e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude moi curta.

O bago de cor verde amarela presenta forma elíptica curta.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
130 150
218 228
237 255
157 165
185 193
245 249
169 169
100 121
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
130 150
218 228
237 255
157 165
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
185 193
245 249
169 169
100 121