Espadeiro

Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

FENOLOXÍA

Xema de inverno

histórico

Xema inchada

histórico

Punta verde

histórico

Saída de follas

histórico

Follas extendidas

histórico

Acios visibles

histórico

Acios Separados

histórico

Botóns florais

histórico

Floración

histórico

Callado

histórico

Uvas tamaño guisante

histórico

Peche do acio

histórico

Envero

histórico

Maduración

histórico

Sinonimias

Caíño Redondo, Couxo

Antecedentes

Este cultivar está relacionado xeneticamente coa linaxe do Merenzao (Díaz-Losada et al., 2010).

Situación Actual

Esta variedade está contemplada coa categoría de preferente na D.O. Rías Baixas.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de agromada media e maduración serodia; produción baixa en relación á Mencía; sensibilidade media á botrite ao mildeu e ao oídio. Produce viños cunha graduación media-alta que dependendo da localización do seu cultivo poden variar en entre 11,4-14% v/v; de acidez media (6-4,7 g/L) e pH alto ( 3,5-3,9); de cor medio(IPT 55-38); cunha alta intensidade aromática, con aromas a froitos vermellos, grosella, fresa, e a lácticos; con corpo, persistente, de taninos suaves e agradables. A variedade é indicada para a elaboración de viños do ano tanto monovarietais como plurivarietais; podería aguantar ben a crianza en barrica.

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidadebaixa e pigmentación ausente ou reberetada de intensidade moi débil. A cara dorsal dos entrenóse nós é verde e vermella, e a cara ventral, verde. As xemas presentan pigmentación antociánica na base da bráctea e de intensidade débil.

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados entre os nervios principais do envés e nula ou moi baixa de pelos ergueitos e con densidade baixa de pelos tombados e ergueitos sobre os nervios principais do envés do limbo; perfil alabeado; limbo con avultamento e inchazón débil; dentes de lados convexos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos pouco abertos e coa base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V; pecíolo máis curto que o nervio principal.

O acio é cónico, longo, de anchura e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.

O bago de cor azul negra presenta forma esférica.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
136 150
232 234
237 241
151 165
187 187
243 245
169 179
98 150
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
136 150
232 234
237 241
151 165
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
187 187
243 245
169 179
98 150