Sinonimias
Tinto Serodo, Caíño Gordo
Antecedentes
García de los Salmones (1914) cítaa na Fonsagradabaixo a denominación de Albarín. Variedade de importante relevancia en Asturias, que segundo Hidalgo e Candela (1971) ocupaba o 75% da superficie relativa provincial. Esta variedade tena súa orixe no Mouratón, que aparece na liñaxe do Merenzao (Díaz-Losada et al., 2010).
Situación Actual
Presenza puntual na bacía do río Navia ao seu paso pola provincia de Lugo. Atopáronse tamén individuos illados na DO Monterrei.
Valoracións sobre o seu cultivo
Variedade de brotación media e maduración tardía, produce viños de elevada acidez (9,8 g/L)e de graduación alcohólica baixa (9,6%).
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media e pigmentación reberetada de intensidade débil.A cara dorsal e ventral dos entrenós é verde,ao igual que a dorsal dos nós, mentres a ventral destes últimos é verde e vermella. As xemas non presentan pigmentación antociánica.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade baixa de pelos tombados entre e sobre os nervios principais do envés do limbo; perfil alabeado; limbo con avultamentoe inchazón débil; dentes con mestura de lados rectilíneos e convexos, de lonxitude media enrelación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos lixeiramente superpostos e coa base en forma dechave; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V; pecíolo de lonxitude lixeiramente máis curta que o nervio principal.
O acio é cónico, curto, ancho, de compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.
O bago de cor azul negra presenta forma esférica.