FENOLOXÍA
Sinonimias
Antecedentes
García de los Salmones (1914) cítaa como presente na provincia de Lugo e nas localidadesde Carballiño e Viana do Bolo en Ourens
Situación actual
Non é citada no Rexistro Vitícola da ComunidadeAutónoma, e tampouco aparece como variedade autorizada nos regulamentos das denominacións de orixe para a elaboración de viños.
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade baixa e sen pigmentación. A cara dorsal e ventral dos entrenós e nós é verde. As xemas non presentan pigmentación antociánica.
A folla nova é verde con escasa peluxe tombada.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; glabra; perfil alabeado; dentes con lados rectilíneos, de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos pouco abertos e coa base en forma de chave; seos laterais superiores con lóbulos lixeiramente superpostos coa base en forma de chave; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.
O acio é cónico, de lonxitude, anchura ecompacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás.O pedúnculo é de lonxitude curta.
O bago de cor vermella violeta escura presenta forma elíptica curta.
Caracterización molecular
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||||||||||
Pb. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|
Microsatélites | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|