FENOLOXÍA
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media e sen pigmentación ou con presenza de pigmentación reberetada de intensidade débil. A cara dorsal e ventral dos nós é verde, así como a cara ventral do entrenó, mentres que a dorsal deste é verde e vermella. As xemas non presentan pigmentación antociánica.
A folla nova é bronceada con peluxe tombada de densidade alta.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño grande e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados e ergueitos entre os nervios principais do envés do limbo; perfil plano; limbo con avultamento medio e inchazón débil; dentes con mestura de lados rectilíneos e de lados convexos,de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos pouco abertos e coa base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.
O acio é cónico, moi longo, ancho, de compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude longa.
O bago de cor azul negra presenta forma elíptica curta.
Caracterización molecular
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||||||||||
Pb. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|
Microsatélites | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|