FENOLOXÍA
Antecedentes
García de los Salmones (1911) cítaa como cultivada na zona de Ribadavia, provincia de Ourense.
Situación actual
Presenza puntual en parcelas plurivarietais na DO Ribeiro.
Valoracións sobre o seu cultivo
Variedade de brotación e maduración tardía, produce viños con graduación alcohólica elevada (14%) e acidez media (6,9 g/L).
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade baixa e pigmentación reberetada de intensidade débil. Acara dorsal dos entrenós e nós é verde e vermellae a ventral é verde. As xemas presentan pigmentación antociánica que afecta case toda a bráctea e de intensidade forte.
A folla nova é bronceada con peluxe tombada de densidade baixa.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombadose baixa de pelos ergueitos entre os nervios principais do envés do limbo; perfil plano; limbo con avultamento débil; dentes con lados convexos, de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar pouco aberto ou con lóbulos lixeiramente superpostos e coa base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.
O acio é cónico, de lonxitude, anchura e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude moi curta.
O bago de cor verde amarela presenta forma esférica o elíptica curta.
Caracterización molecular
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||||||||||
Pb. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|
Microsatélites | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|