Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

Branca de Monterrei

Branca de Monterrei: Sumidade
Branca de Monterrei: Acio

FENOLOXÍA

Xema de inverno
27/03/2019
+ histórico
Branca de Monterrei: Xema inchada
Xema inchada
29/03/2017
+ histórico
Branca de Monterrei: Punta verde
Punta verde
11/04/2016
04/04/2019
+ histórico
Branca de Monterrei: Saída de follas
Saída de follas
21/04/2016
19/04/2018
+ histórico
Folla extendidas
11/04/2019
+ histórico
Acios visibles
18/04/2019
+ histórico
Acios separados
09/05/2019
06/05/2021
+ histórico
Branca de Monterrei: Botóns florais
Botóns florais
23/05/2014
11/05/2015
19/05/2016
10/05/2018
16/05/2019
20/05/2021
+ histórico
Branca de Monterrei: Floración
Floración
30/05/2014
01/06/2015
09/06/2016
30/05/2019
03/06/2021
+ histórico
Branca de Monterrei: Callado
Callado
05/06/2014
08/06/2015
15/06/2018
06/06/2019
10/06/2021
+ histórico
Branca de Monterrei: Uvas tamaño guisante
Uvas tamaño guisante
20/06/2014
15/06/2015
23/06/2016
25/06/2018
20/06/2019
16/06/2021
+ histórico
Branca de Monterrei: Peche do acio
Peche do acio
03/07/2014
30/06/2015
14/07/2016
02/07/2018
27/06/2019
07/07/2021
+ histórico
Branca de Monterrei: Envero
Envero
12/08/2014
04/08/2015
18/08/2016
13/08/2018
01/08/2019
09/08/2021
+ histórico
Branca de Monterrei: Maduración
Maduración
18/09/2015
15/09/2016
+ histórico

Antecedentes

A existencia de cultivares centenarios na comarca de Monterrei fai pensar nunha orixe autóctona para esta variedade.

Situación actual

É recoñecida como variedade autorizada na DO Monterrei.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade moi produtiva, de brotación e maduración tardía. No terreo experimental da EVEGA produce viños con valores de grao alcohólico de 11,5-12% e acidez de 6,7-6,3 g/L.

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media. A cara dorsal e ventral dos entrenós e nós é verde. As xemas non presentan pigmentación antociánica.

A folla nova é verde con peluxe tombada de densidade media.

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade baixa de pelos tombados e nula ou moi baixa de pelos ergueitos entre os nervios principais do envés do limbo; perfil alabeado; limbo con avultamento e inchazón débil; dentes de lados rectilíneos, de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos lixeiramente superpostos e coa base en forma de chave; seos laterais superiores con lóbulos lixeiramente superpostos coa base en forma de chave; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

O acio é cónico, compacto, de lonxitude, anchura media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude media.

O bago de cor verde amarela presenta forma elíptica curta.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
134 150
232 232
241 255
157 165
187 193
243 245
169 169
150 150
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
134 150
232 232
241 255
157 165
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
187 193
243 245
169 169
150 150