FENOLOXÍA
Sinonimias
Antecedentes
García de los Salmones (1914) cítaa baixo a denominación de Mouratón, como cultivada na provincia de Lugo e Ourense; e baixo a denominación de Negreda nas localidades de Monforte (Lugo), A Teixeira (Ourense) e Caldasde Reis (Pontevedra). O Catastro Vitícola de 1983 indica que o seu cultivo na provincia de Lugo, na provincia de Ourense. Esta variedade deriva xeneticamente da liñaxe orixinada en Merenzao (Díaz-Losada et al., 2010).
Situación actual
É recoñecida como variedade autorizada nas DD.OO Ribeira Sacra e Valdeorras.
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media e pigmentación reberetada de intensidade débil. A cara dorsal e ventral dos entrenós e nós é verde. As xemas non presentan pigmentación antociánica.
A folla nova é verde ou bronceada con peluxe tombada de densidade media.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade baixa de pelos tombados entre e sobre os nervios principais do envés do limbo; perfil alabeado; limbo con avultamento e inchazón débil; dentes con mestura de lados convexose rectilíneos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos lixeiramente superpostos e a base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en formade chave; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.
O acio é cónico, de tamaño e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.
O bago de cor azul negra presenta forma esférica a elíptica curta.
Caracterización molecular
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||||||||||
Pb. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|
Microsatélites | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|