FENOLOXÍA
Situación actual
Variedade de uva de mesa presente en parras illadas localizadas nos arredores das casas. Atopáronse exemplares nas comarcas do Ribeiro e ABaixa Limia.
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade baixa e pigmentación reberetada de intensidade débil. A cara dorsal e ventral do entrenó, así como a cara ventral do nó, é verde, mentres a cara dorsal do nó é verde e vermella. As xemas, con pigmentación antociánica basal de intensidade débil.
A folla nova é bronceada con peluxe tombada de densidade baixa.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; con presenza de pelos tombados de intensidade baixa sobre os nervios principais do envés da folla; perfil alabeado; limbo con inchazón débil; dentes con lados rectilíneos de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos lixeiramente superpostos e coa base en formade chave ou en V; seos laterais superiores pechados coa base en forma de chave; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.
O acio é cónico, de lonxitude, anchura media, compacidade solta e con presenza de 1 ou 2 ás. Opedúnculo é de lonxitude media.
O bago de cor vermella violeta escura presenta forma elíptica longa.
Caracterización molecular
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||||||||||
Pb. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|
Microsatélites | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|