FENOLOXÍA
Antecedentes
Variedade de uva de mesa. García de los Salmones (1914) cítaa como cultivada na localidade de Celanova na provincia de Ourense.
Situación actual
Presente en parras illadas localizadas nos arredores das casas. Atopáronse exemplares nas comarcasdo Ribeiro e A Baixa Limia.
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta, glabra, sen pigmentación ou con pigmentación reberetada de intensidade moi débil. A cara dorsal e ventral dos entrenós e nós é verde. As xemas non presentan pigmentación antociánica nas brácteas.
A folla nova é verde e glabra.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño grande e forma pentagonal, con cinco lóbulos; glabra; perfil en V; dentes de lados rectilíneos, de lonxitude longa en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos moi abertos e coa base en forma de chave, ás veces con presenza de dentes; seos laterais superiores lixeiramente superpostos coa base en forma de chave ou en U; pecíolo da mesma lonxitude que o nervio principal.
O acio é cónico, moi longo, ancho, decompacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás.O pedúnculo é de lonxitude media.
O bago de cor rosa presenta forma elíptica longa.
Caracterización molecular
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||||||||||
Pb. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|
Microsatélites | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|