FENOLOXÍA
Sinonimias
Antecedentes
Este xenotipo correspóndese coa variedade Batoca, tamén denominada Alvacara, recoñecida para a elaboración de viños na Demarcación Rexistrada Vinhos Verdes, en Portugal.
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade baixa, sen pigmentación. A cara dorsal e ventral do entrenó, así como a cara dorsal do nó, é verde e vermella, mentres que a cara ventral do nó, verde. As xemas presentan pigmentación antociánica na base de intensidade moi débil.
A folla nova é cobreada-avermellada con peluxe tombada de densidade baixa.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade baixa de pelos tombadose ergueitos sobre e entre os nervios principais da face e envés do limbo; perfil plano; limbo con avultamento débil; dentes pequenos con lados rectilíneos; seo peciolar pouco aberto coa base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.
O acio é cónico, longo, de compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é longo.
O bago de cor verde amarela presenta forma elíptica curta.
Caracterización molecular
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||||||||||
Pb. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|
Microsatélites | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|