Sinonimias
Alicante, Tintilla, Garnacha Común
Antecedentes
Variedade moi estendida despois da filoxera nas terrazas do Sil e Miño e na comarca do Ribeiro en Ourense (Huetz de Lemps, 1967). García de losSalmones (1914) cítaa na provincia da Coruña,Lugo e Ourense. No Catastro Vitícola de 1983consta como cultivada nas provincias da Coruña,onde ocupaba o 8,56% da superficie de viñedo;en Lugo, o 8,44%; en Pontevedra, o 12,06%; e enOurense, o 50,29%.
Situación Actual
É recoñecida como autorizada nas DD.OO.Ribeiro, Ribeira Sacra e Valdeorras; e como secundaria na indicación xeográfica Viño da Terra Val do Miño.
Valoracións sobre o seu cultivo
Variedade de brotación precoz e maduración media, é pouco sensible ao oídio e á botrite, e moi sensible ao mildeu. Posúe baixo potencial enolóxico na nosa rexión, é utilizada fundamentalmente en viños plurivarietais para achegar a outras variedades acidez e cor
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade baixa e pigmentación reberetada de intensidade media. A cara dorsal dos entrenós e nós é vermella, mentres a cara ventral do entrenó é verde e vermella, e a do nó, verde. As xemas presentan pigmentación antociánica que afecta gran parte da bráctea e de intensidade débil.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño pequeno e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade baixa de pelos tombados entre os nervios principais do envés do limbo;perfil con bordos cara ao envés; limbo con avultamento débil; presenza de pigmentación antociánica sobre os nervios principais do envés do limbo que supera a segunda bifurcación; dentes con lados rectilíneos, de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos lixeiramente superpostos e coa base en forma de V; seos laterais superiores abertos coa base enforma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.
O acio é cónico, de lonxitude, anchura e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás.O pedúnculo é de lonxitude curta.
O bago de cor azul negra presenta forma esférica.