Sinonimias
Marcadores moleculares puxeron de manifesto asúa sinonimia con Chasselas Cioutat, corroboradomediante os datos ampelográficos
Antecedentes
Coñécese con esta denominación na DO Ribeiro.
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade abertaglabra, con pigmentación reberetada de intensidadeforte. A cara dorsal do entrenó, así comoa cara dorsal e ventral do nó, é verde e vermella,mentres que a cara ventral do entrenó é verde. Asxemas presentan pigmentación antociánica queafecta case toda a bráctea e de intensidade forte.
A folla adulta de cor verde media presenta tamañomedio e forma pentagonal, con cinco lóbulos;con presenza de pelos ergueitos sobre os nerviosprincipais do envés do limbo; perfil plano; dentescon lados rectilíneos, de lonxitude longa en relacióná súa anchura; seo peciolar semi-aberto e coabase en forma de U delimitada pola nervadura;seos laterais superiores abertos coa base en formade U; pecíolo lixeiramente máis longo que o nervioprincipal.
O acio é cónico, curto, estreito, de compacidadesolta e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo éde lonxitude curta.
O bago de cor verde amarela presenta formaesférica.