Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

Loureira

Loureira: Sumidade
Loureira: Folla nova face
Loureira: Folla nova envés
Loureira: Folla adulta face
Loureira: Folla adulta envés
Loureira: Bago
Loureira: Acio

FENOLOXÍA

Loureira: Xema de inverno
Xema de inverno
29/03/2017
27/03/2019
+ histórico
Loureira: Xema inchada
Xema inchada
04/04/2016
04/04/2019
+ histórico
Punta verde
Loureira: Saída de follas
Saída de follas
21/04/2016
07/04/2017
19/04/2018
11/04/2019
+ histórico
Loureira: Follas extendidas
Folla extendidas
27/04/2016
+ histórico
Loureira: Acios visibles
Acios visibles
04/05/2018
18/04/2019
+ histórico
Loureira: Acios separados
Acios separados
30/04/2015
05/05/2016
17/04/2017
10/05/2018
09/05/2019
+ histórico
Loureira: Botóns florais
Botóns florais
23/05/2014
11/05/2015
19/05/2016
18/05/2018
16/05/2019
06/05/2021
+ histórico
Loureira: Floración
Floración
09/06/2016
08/06/2018
27/05/2021
+ histórico
Loureira: Callado
Callado
05/06/2014
08/06/2015
15/06/2018
06/06/2019
03/06/2021
+ histórico
Loureira: Uvas tamaño guisante
Uvas tamaño guisante
20/06/2014
15/06/2015
23/06/2016
25/06/2018
20/06/2019
16/06/2021
+ histórico
Loureira: Peche do acio
Peche do acio
23/07/2014
14/07/2016
02/07/2018
27/06/2019
07/07/2021
+ histórico
Loureira: Envero
Envero
25/08/2014
18/08/2015
25/08/2016
23/08/2018
15/08/2019
09/08/2021
+ histórico
Loureira: Maduración
Maduración
21/09/2015
20/09/2016
+ histórico

Sinonimias

Loureiro Branco, Marqués (na zona de Salvaterra, Arbo)

Antecedentes

García de los Salmones (1914) cítaa como cultivada na Pobra do Caramiñal (A Coruña) e nas Neves (Pontevedra). No Catastro Vitícolade 1983 indícase como cultivada na provincia da Coruña e na de Pontevedra. Este cultivar ten a súa orixe en CaíñoBravo (Díaz-Losada et al., 2010, 2011).

Situación actual

É recoñecida como variedade autorizada na DO Monterrei e como preferente na DD.OO.Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra e Valdeorras

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de agromada temperá e maduración tardía; produción alta en relación ao Albariño; sensible á botrite e moderadamente sensible ao oídio ao mildeu. Produce viños non moi alcohólicos (9,5-11,5%v/v) e de alta acidez (7,7- 9,5 g/L) e baixo pH (2,9-3). Os viños presentan unha moi alta intensidade aromática, con aromas a loureiro, moscatel, compota de froitas e flores brancas. En boca, ten pouco corpo e un predominio de arestas ácidas. É axeitada para a elaboración en mestura con outras variedades; debido ao seu alto contido terpénico marca os viños que levan esta variedade incorporada. Se aconsella en mesturas non exceder o 10%.

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media, sen pigmentación ou con pigmentación reberetadade intensidade moi débil. A cara dorsal do entrenó, así como a cara dorsal e ventral do nó, é verde e vermella, mentres a cara ventral do entrenó é verde. As xemas presentan pigmentación antociánica na base da bráctea de intensidade débil.

A folla nova é bronceada con peluxe tombada de densidade media.

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados e baixa de pelos ergueitos entre os nervios principais do envés e baixa densidade de pelos tombados e ergueitos sobre os nervios principais do envés; perfil plano; limbo con avultamento medio e inchazón débil; presenza de pigmentación antociánica sobre os nervios principais do envés do limbo que afecta o punto peciolar; dentes con mestura de lados rectilíneos e convexos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos medio superpostos e coa base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en forma de U; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

O acio é cónico, longo, de anchura e compacidademedia e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculoé de lonxitude curta.

O bago de cor verde amarela presenta forma esférica.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
140 150
228 228
249 261
157 161
185 195
245 249
169 179
85 121
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
140 150
228 228
249 261
157 161
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
185 195
245 249
169 179
85 121