FENOLOXÍA
Sinonimias
Antecedentes
García de los Salmones (1914) cítaa como cultivada na localidade de Entrimo (Ourense).
Situación actual
Estudos recentes mostran que este cultivar é diferente do denominado Tinta Femia na DO RíasBaixas. Localizáronse exemplares centenarios na DO Ribeiro e en Monterrei.
Valoracións sobre o seu cultivo
Variedade de brotación e maduración media, presenta sensibilidade moderada ao oídio e ao mildeu e baixa sensibilidade á botrite. Produce viños de graduación e acidez media alta (12,3-12,7% e 7,9-7,3 g/L, respectivamente).
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media e pigmentación reberetada de intensidade forte. A cara dorsal dos entrenós e nós é vermella, mentres que a cara ventral do entrenó é verde e a do nó, verde e vermella. As xemas presentan pigmentación antociánica de intensidade media que afecta ata ¾ da bráctea.
A folla nova é cobreada-avermellada con peluxe tombada de densidade media.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade baixa de pelos tombados entre e sobre os nervios principais do envés do limbo; perfil plano; limbo con avultamento e inchazón débil; presenza de pigmentación antociánica que afecta o punto peciolar; dentes de lados convexos e de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos pouco abertos e coa base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en forma de chave ou en V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.
O acio é cilíndrico, curto, de anchura e compacidade media. O pedúnculo é de lonxitude curta.
O bago de cor vermella violeta escura presenta forma elíptica curta.
Caracterización molecular
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||||||||||
Pb. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|
Microsatélites | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|