Mencía

Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

FENOLOXÍA

Xema de inverno

histórico

Xema inchada

histórico

Punta verde

histórico

Saída de follas

histórico

Follas extendidas

histórico

Acios visibles

histórico

Acios Separados

histórico

Botóns florais

histórico

Floración

histórico

Callado

histórico

Uvas tamaño guisante

histórico

Peche do acio

histórico

Envero

histórico

Maduración

histórico

Antecedentes

García de los Salmones (1914) cítaa como cultivada nas provincias de Lugo e Ourense e na zona de Caldas de Rei na provincia de Pontevedra. No Catastro Vitícola de 1983 indícase como presente nas provincias da Coruña, Lugo, en Ourense e Pontevedra. A súaorixe xenética é a liñaxe orixinada en Merenzao (Díaz-Losada et al., 2010).

Situación Actual

É recoñecida como variedade preferente nas DD.OO. Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei, e como autorizada na DO RíasBaixas. Tamén é contemplada para a elaboraciónde viños nas indicacións xeográficas Viños da Terra Barbanza e Iria, Val do Miño e Betanzos.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de agromada e maduración medias; produción alta e vigor medio-baixo; sensible ao oídio, moderadamente ao mildeu e alta á botrite. Produce viños de elevado potencial enolóxico, con graduacións que poden variar en función da zona entre 11 e 14% v/v, e acidez entre 4-6 g/L. Os viños con tonalidades violáceas posúen unha intensidade aromática media-alta, con aromas froiteiros, a froitos roxos, framboesa, fresa, mora e con certos toques lácticos. Con boa calidade en boca, persistentes, con arestas doces, salientando os taninos suaves e agradables.

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade aberta, glabra e sen pigmentación antociánica. A cara dorsal do entrenó, así como a cara dorsal e ventral do nó, é verde e vermella, mentres a cara ventral do entrenó é verde. As xemas non presentan pigmentación antociánica.

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; glabra; perfil plano; limbo con inchazón débil; dentes con mestura de lados convexos e rectilíneos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos pouco abertos ea base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

O acio é cónico, longo, de compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.

O bago de cor azul negra presenta forma elíptica curta.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
142 150
222 232
247 255
157 165
187 193
245 249
169 169
94 150
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
142 150
222 232
247 255
157 165
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
187 193
245 249
169 169
94 150