FENOLOXÍA
Antecedentes
García de los Salmones (1914) cítaa como cultivada na provincia de Ourense, na zona de Gomesende. A súa orixe encóntrase nas rexións vinícolas do Languedoc e de Provenza (Francia) e, actualmente, é unha variedade autorizada para a elaboración de viño en Cataluña
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con pigmentación reberetada de intensidade media. A cara dorsal e ventral do entrenó, así como a dorsal do nó, é verde e vermella, mentres a ventral do nó é verde. As xemas presentan pigmentación antociánica na base da bráctea e de intensidade media.
A folla nova é cobreada-avermellada con peluxe tombada de densidade media.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade baixa de pelos tombados e ergueitos entre os nervios principais do envés do limbo; perfil en forma de V; limbo con avultamento débil e inchazón de intensidade media; presenza de pigmentación antociánica na face e envés que alcanza a primeira bifurcación; dentes con mestura de lados convexos e rectilíneos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos pouco abertos e coa base en forma de chave; seos laterais superiores con lóbulos lixeiramente superpostos coa base en formade chave; pecíolo lixeiramente máis curto que onervio principal.
O acio presenta forma de embude de lonxitude e anchura media e compacidade de media a solta, e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.
O bago de cor azul negra presenta forma esférica ou elíptica curta.
Caracterización molecular
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||||||||||
Pb. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|
Microsatélites | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|