Lado

Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

FENOLOXÍA

Xema de inverno

histórico

Xema inchada

histórico

Punta verde

histórico

Saída de follas

histórico

Follas extendidas

histórico

Acios visibles

histórico

Acios Separados

histórico

Botóns florais

histórico

Floración

histórico

Callado

histórico

Uvas tamaño guisante

histórico

Peche do acio

histórico

Envero

histórico

Maduración

histórico

Antecedentes

 
Freijanes e Alonso (1997) cítana como cultivada na zona de transición da provincia de Ourense.

Situación Actual

Esta variedade presenta unha distribución restrinxida centrada na localidade da Arnoia na comarca do Ribeiro (Ourense). Non se encontra recollida nos regulamentos das denominaciónsde orixe para a elaboración de viños.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de brotación media-tardía e maduración media, é sensible ao oídio e á botrite e bastante resistente ao mildeu. Produce viños con elevada acidez (7,1g/L) e graduación alcohólica (13,6%) (Blanco et al., 2008). Utilízase como complementaria na elaboración de viños brancos.

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade baixa e pigmentación reberetada de intensidade débil. A cara dorsal do entrenó, así como a cara dorsal e ventral dos nós, é verde e vermella, mentres a cara ventral do entrenó é verde. As xemas presentan pigmentación antociánica que afecta case toda a bráctea e de intensidade forte.

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade baixa de pelos tombados entre e sobre os nervios principais do envés do limbo; perfil plano; dentes con lados convexos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos semiabertos e coa base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

O acio é cónico, curto, estreito, de compacidade solta e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude moi curta.

O bago de cor verde amarela presenta forma elíptica curta.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
130 150
228 232
241 261
157 165
185 187
243 245
169 169
117 150
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
130 150
228 232
241 261
157 165
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
185 187
243 245
169 169
117 150