Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

Dona Branca

Dona Branca: Folla nova face
Dona Branca: Folla nova envés
Dona Branca: Folla adulta face
Dona Branca: Folla adulta envés
Dona Branca: Acio

FENOLOXÍA

Dona Branca: Xema de inverno
Xema de inverno
29/03/2017
27/03/2019
+ histórico
Dona Branca: Xema inchada
Xema inchada
11/04/2016
+ histórico
Dona Branca: Punta verde
Punta verde
21/04/2016
19/04/2018
04/04/2019
+ histórico
Dona Branca: Saída de follas
Saída de follas
27/04/2016
07/04/2017
+ histórico
Dona Branca: Follas extendidas
Folla extendidas
13/04/2015
05/05/2016
11/04/2019
+ histórico
Dona Branca: Acios visibles
Acios visibles
30/04/2015
27/04/2018
25/04/2019
+ histórico
Dona Branca: Acios separados
Acios separados
19/05/2016
17/04/2017
04/05/2018
09/05/2019
+ histórico
Dona Branca: Botóns florais
Botóns florais
23/05/2014
11/05/2015
26/05/2016
10/05/2018
16/05/2019
06/05/2021
+ histórico
Dona Branca: Floración
Floración
30/05/2014
15/06/2016
08/06/2018
30/05/2019
03/06/2021
+ histórico
Dona Branca: Callado
Callado
05/06/2014
23/06/2016
15/06/2018
06/06/2019
+ histórico
Dona Branca: Uvas tamaño guisante
Uvas tamaño guisante
20/06/2014
15/06/2015
30/06/2016
20/06/2019
10/06/2021
+ histórico
Dona Branca: Peche do acio
Peche do acio
23/07/2014
25/06/2018
27/06/2019
07/07/2021
+ histórico
Dona Branca: Envero
Envero
25/08/2014
04/08/2015
18/08/2016
23/08/2018
01/08/2019
09/08/2021
+ histórico
Dona Branca: Maduración
Maduración
18/09/2014
07/09/2015
14/09/2016
+ histórico

Sinonimias

Moza Fresca, Valenciana

Antecedentes

García de los Salmones (1914) cítaa en Lugo, Allariz, Celanova e Viana do Bolo. No Catastro Vitícola de 1983 cítase como cultivada na provincia de Lugo, onde ocupaba o 0,24% da superficie de viñedo, e en Ourense, o 2,2%.

Situación actual

Está considerada variedade preferente nas DD.OO. Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade moi produtiva, de brotación media ou tardía e maduración media-precoz, moi sensible á botrite e moderadamente sensible ao mildeu e ao oídio. Produce viños con graduación media de 11% e acidez de 5 g/L.

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade baixa e pigmentación reberetada de intensidade forte. A cara dorsal e ventral dos entrenós e nós é verde. As xemas non presentan pigmentación antociánica.

A folla nova é verde con peluxe tombada de densidade alta.

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados e ergueitos entre os nervios principais do envés do limbo; perfil alabeado; limbo con avultamento e inchazón débil; dentes con mestura de lados convexos e rectilíneos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos pouco abertos e coa base en forma de U;seos laterais superiores con lóbulos lixeiramente superpostos coa base en forma de chave; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

O acio é cónico, longo, ancho, de compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.

O bago de cor verde amarela presenta forma elíptica curta.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
134 150
218 230
237 247
157 157
185 203
245 245
169 177
121 121
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
134 150
218 230
237 247
157 157
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
185 203
245 245
169 177
121 121