FENOLOXÍA
Sinonimias
Antecedentes
García de los Salmones (1914) cítaa como cultivada en Boiro.
Situación actual
Non está contemplada no Rexistro de variedades comerciais, nin no regulamento das DD.OO.para a elaboración de viños. Localizáronse cepas centenarias na zona de Boiro.
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media e pigmentación reberetada de intensidade débil. A cara dorsal dos entrenós e nós é verde e vermella,e a ventral é verde. As xemas presentan pigmentación antociánica na base da bráctea e de intensidade débil.
A folla nova é verde con peluxe tombada de densidade media.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con tres lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados entre e sobre os nervios principais do envés; perfil plano; limbo con avultamento e inchazón débil; presenza de pigmentación antociánica que alcanzaa primeira bifurcación; dentes de lados rectilíneos, de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar semi-aberto, coa base en formade U limitada nun dos lados pola nervadura; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.
O acio é cónico, curto, de anchura e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude media.
O bago de cor verde amarela presenta forma elíptica curta.
Caracterización molecular
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||||||||||
Pb. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Microsatélites | VVS2 | VVMD5 | VVMD7 | VrZag47 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|
Microsatélites | VrZag62 | VrZag79 | VVS29 | VVS5 | ||||||||
Pb. |
|
|
|
|