Variedade VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Súa variedade

Caíño Branco

Caíño Branco: Sumidade
Caíño Branco: Folla nova face
Caíño Branco: Folla nova envés
Caíño Branco: Folla adulta face
Caíño Branco: Folla adulta envés
Caíño Branco: Bago
Caíño Branco: Acio

FENOLOXÍA

Caíño Branco: Xema de inverno
Xema de inverno
29/03/2017
27/03/2019
+ histórico
Caíño Branco: Xema inchada
Xema inchada
04/04/2016
04/04/2019
+ histórico
Caíño Branco: Punta verde
Punta verde
13/04/2015
11/04/2016
19/04/2018
+ histórico
Caíño Branco: Saída de follas
Saída de follas
21/04/2016
07/04/2017
11/04/2019
+ histórico
Folla extendidas
25/04/2019
+ histórico
Acios visibles
04/05/2018
02/05/2019
+ histórico
Caíño Branco: Acios separados
Acios separados
05/05/2016
17/04/2017
10/05/2018
16/05/2019
+ histórico
Caíño Branco: Botóns florais
Botóns florais
23/05/2014
11/05/2015
19/05/2016
18/05/2018
23/05/2019
06/05/2021
+ histórico
Caíño Branco: Floración
Floración
09/06/2016
08/06/2018
03/06/2021
+ histórico
Caíño Branco: Callado
Callado
08/06/2015
23/06/2016
15/06/2018
06/06/2019
10/06/2021
+ histórico
Caíño Branco: Uvas tamaño guisante
Uvas tamaño guisante
20/06/2014
15/06/2015
30/06/2016
25/06/2018
27/06/2019
23/06/2021
+ histórico
Caíño Branco: Peche do acio
Peche do acio
03/07/2014
30/06/2015
21/07/2016
02/07/2018
04/07/2019
07/07/2021
+ histórico
Envero
23/08/2018
15/08/2019
09/08/2021
+ histórico
Caíño Branco: Maduración
Maduración
18/09/2014
08/09/2015
19/09/2016
+ histórico

Antecedentes

Na bibliografía antiga cítase de modo xeral a variedade Caíño, sen precisar en ocasións se se trata de uva branca ou tinta, o que dificulta determinar a súa orixe na rexión. Huetz de Lemps (1967) cítaa como cultivada xa nos anos 1722 e 1786. A súa orixe está relacionada cos cultivares Caíño Bravo e Albariño (Díaz-Losadaet al., 2010, 2011).

Situación actual

É recoñecida como variedade preferente na DO Rías Baixas.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de agromada media ou precoz; maduración media-serodia, próxima á do Albariño, cunha produción media en relación a este; sensibilidade alta ao mildeu e media a oídio e botrite. Produce viños de alta graduación alcohólica (13, 25%v/v), alta acidez (10,95 g/L) e baixo pH (3,01), estruturados, con corpo, e con certa aresta ácida, cunha alta intensidade aromática, con aromas primarios intensos a froitas de pebida, mazá, a flores, rosa. Emprégase para viños do ano monovarietais ou en mestura con outras castes. Aguanta ben a crianza en barrica e en botella.

Descrición morfolóxica

O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade alta e pigmentación reberetada de intensidade forte. A cara dorsal e ventral dos nós é verde, así como a cara ventral do entrenó, mentres que a dorsal é verde e vermella. As xemas presentan pigmentación antociánica na base da bráctea e de intensidade débil.

A folla nova é verde con peluxe tombada de densidade alta.

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño pequeno e forma pentagonal, con 3 lóbulos; peluda, con densidade media de pelos tombados entre os nervios principais, baixa sobre os nervios principais; perfil plano; limbo con avultamento débil e inchazón nulo ou moi débil; presenza de pigmentación antociánica sobre os nervios principais da face e envés do limbo que alcanza a segunda bifurcación; dentes con lados convexos, de lonxitude curta en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos semiabertos e a base en forma de U; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

O acio é cónico, curto, estreito, de compacidade media a solta e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude media.

O bago de cor verde amarela presenta forma esférica a elíptica curta.

Caracterización molecular

Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47 VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
140 150
218 222
237 261
157 165
195 203
245 249
169 179
121 121
Microsatélites VVS2 VVMD5 VVMD7 VrZag47
Pb.
140 150
218 222
237 261
157 165
Microsatélites VrZag62 VrZag79 VVS29 VVS5
Pb.
195 203
245 249
169 179
121 121