Sinonimias
Ferrol, Espadeiro (na comarca do Condado) e Negrón (no norte da DO Ribeiro)
Antecedentes
García de los Salmones (1914) cítaa no Carballiño e en Entrimo baixo a denominación de Negrón.O Catastro Vitícola de 1983 indica o seu cultivona provincia de Ourense, na que ocupaba o 0,03% da superficie de viñedo.
Situación Actual
Considérase variedade preferente na elaboraciónde viños na DO Ribeiro e Valdeorras. O Rexistro Vitícola indicao seu cultivo na Coruña con 0,18 ha da superficiede viñedo, en Ourense con 1,36 ha e enPontevedra con 2,65 ha, e corresponden 1,72 ha ásubzona da DO Rías Baixas Val do Salnés, 0,23 haao Condado do Tea e 0,07 ao Rosal.
Valoracións sobre o seu cultivo
Variedade de brotación e maduración media-tardía, é moderadamente sensible ao oídio, mildeu e botrite. Os viños caracterízanse por presentar tendencia a graduacións elevadas (valores arredor do 15%) e acidez alta (valores medios de 8g/L).
Descrición morfolóxica
O pámpano novo presenta a extremidade aberta con peluxe tombada de densidade media. A cara dorsal dos entrenós e nós é verde e vermella, mentres que a ventral é verde. As xemas non presentan pigmentación antociánica.
A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma orbicular, con cinco lóbulos; peluda, con densidade alta de pelos tombados entre os nervios principais e media sobre estes, e sen pelos ergueitos entre e sobre os nervios principais; perfil alabeado; limbo conavultamento e inchazón de intensidade media;dentes con mestura de lados rectilíneos e ladosconvexos, de lonxitude media en relación á súaanchura; seo peciolar semiaberto, coa base enforma de U; seos laterais superiores abertos coabase en forma de V; pecíolo lixeiramente máiscurto que o nervio principal.
O acio é cónico, de tamaño e compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculoé de lonxitude curta.
O bago de cor azul negra presenta forma esférica.